FACÉMO-LO INDIO

Este ano os nenos das escolas E.E.I Sartal e E.E.I. Tarrío Samieira decidimos face-lo indio no Entroido.
O primeiro que fixemos foi solicitar información ás familias sobre os indíxenas norteamericanos.
Quedamos sorprendidos da riqueza da súa cultura, do seu repecto á natureza que se manifesta en tódolos aspectos (nos seus nomes, nos seus ritos, costumes...).
Elaboramos un proxecto no que traballamos:
- adaptación dun conto indio
- a súa música con audicións de cánticos orixinais
- unha danza "ANIKUNI"
- xogos rítmicos a partires de cánticos indios.
- elaboración dun traxe indio
- construcción dun Teepe
- elaboración dun Totem ó que lle chamamos Manitú
Ademais fixemos un pequeno caderno onde recollimos traballos de lectoescritura e plástica.
2 comentarios
Chus -
escoladecaracois -