Blogia

Tarrio e Sartal

¡CHEGA A PRIMAVEIRA!

¡CHEGA A PRIMAVEIRA!

Cando chega a primaveira, parece que todos temos ganas de estar mais guapos e poñemos roupa mais alegre. Pois iso é o que fixemos os nenos de Samieira coa nosa escola,poñela mais bonita e alegre.

Collemos pinceis e pinturas e mans a obra.

¿A que quedou chulo?

FACÉMO-LO INDIO

FACÉMO-LO INDIO

Este ano os nenos das escolas E.E.I Sartal e E.E.I. Tarrío Samieira decidimos face-lo indio no Entroido.

O primeiro que fixemos foi solicitar información ás familias sobre os indíxenas norteamericanos.

Quedamos sorprendidos da riqueza da súa cultura, do seu repecto á natureza que se manifesta en tódolos aspectos (nos seus nomes, nos seus ritos, costumes...).

Elaboramos un proxecto  no que traballamos:

  • adaptación dun conto indio
  •  a súa música con audicións de cánticos orixinais
  • unha danza "ANIKUNI"
  • xogos rítmicos a partires de cánticos indios.
  • elaboración dun traxe indio
  • construcción dun Teepe
  • elaboración dun Totem ó que lle chamamos Manitú

Ademais fixemos un pequeno caderno onde recollimos traballos de lectoescritura e plástica.

BENVIDOS

BENVIDOS

 

Benvidos ó noso caderno de bitácora.

Está elaborado por duas mestras de infantil que pretenden compartir as súas experiencias con todos vos.

Queremos tamén que nos deades a vosa opinión e suxerencias.